Evento-exposición para toda a familia no Museo do Videoxogo, que versará sobre o videoxogo galego en desenvolvemento SUPER WODEN GP II, de ViJuDa. Os visitantes poderán probar o xogo, así como outros títulos de carreiras que o inspiraron.
A cultura e a industria do videoxogo galego compartirán espazos no MUVI, nunha cita divulgativa e transversal na que o creador de Vigo fará un percorrido polo proceso de creación, deseño, progamación e inspiración do seu próximo videoxogo, que sairá en 2023.
Trala súa intervención, a versión beta de Super Woden GP 2 estará xogable e accesible ao público, así como unha exposición interactiva conformada por outros xogos de condución que inspiraron ao autor.
Ao mesmo tempo, a asociación Tempus Ludit de Cangas estará presente nas Aulas do MUVI nunha sesión con xogos de mesa relacionados, entre outros, cos deportes de motor e o mundo do automobilismo.
Evento respaldado pola Asociación Galega de Videoxogos e Contidos Interactivos – Videoxogo.gal
—————————————————————-
PROGRAMA
- 16:30h / Apertura de portas do MUVI.
Inauguración da exposición ”A inspiración de Super Woden GP”. - 17:00h / Diario de desenvolvemento Super Woden GP II.
Presentación e coloquio con ViJuDa sobre o desenvolvemento do título.
O público pregunta. - 18:00h / Experimentación Super Woden GP II.
- 20:00h / Presentación Asociación Tempus Ludit.
- 20:30h / Peche da xornada.
Inicio sesión nocturna de xogos de mesa (só membros da asociación).