Aloxamento web por
Volver aos eventos

O Galego no videoxogo

Sábado, Outubro 8, 2022
Bueu videoxogo bueu

A Fundación Museo do Videoxogo de Galicia participará o próximo día 8 de outubro nunha xornada organizada polo Concello na que se abordará a situación do galego na industria cultural do videoxogo.

Un dos fins fundacionais da Fundación Museo do Videoxogo de Galicia é o uso, promoción e potenciación do galego de xeito transversal en tódalas súas actividades, así como visibilizar a súa presencia naqueles titulos creados no noso país. Nesta liña, da man de outros convidados da talla de Luz Castro (Videoxogo.gal), Carlos Pereiro (Revista Morcego) e Carlos Vieito (A Mesa de Normalización Lingúística), a entidade xestora do Museo do Videoxogo de Cangas analizará a través de varios faladoiros e unha mesa redonda a realidade da nosa lingua no sector, nun percorrido histórico ao longo dos 25 anos de historia da industria galega dende os seus inicios ata a actualidade.

Tal e como ven sendo habitual nas actividades da Fundación fóra do Museo, esta cita cultural estará contextualizada pola mostra “O Galego na industria cultural do videoxogo”, na que se poderán atopar pezas e obras galegas de especial relevancia neste eido e coas que os visitantes poderán interactuar en horario de apertura ao longo do día. Pola tarde, no mesmo espazo de exposición presentarase unha versión precomercial do videoxogo galego AVOO, obra interxeracional e accesible creada pola empresa Iseltec que explora, en galego, a cultura e identidade de Galicia.

 

Sábado día 8 / O Galego na industria cultural do videoxogo

 

  •  11:00h – PRESENTACIÓN O Galego na industria cultural do videoxogo” Breve aproximación ao videoxogo galego e á súa historia. Situación actual que se analizará no día, con invitación aos asistentes para coñecer a área interactiva do MUVI en Bueu.
  • 11:45h – APERTURA DA MOSTRA “O Galego na industria cultural do videoxogo”. 45Minutos 
    • Presenza dos responsables do MUVI na área de exposición, que estará aberta durante todo o día. 
  • 12:30h – MESA REDONDA, “O Galego no Videoxogo” (4 invitados)
    • Luz Castro (Videoxogo.gal) / Carlos Pereiro (Morcego) / Carlos Vieito (A Mesa /  Inés Mirás (Grimorio of Games )

  • 14:00h Descanso

  • 16:00 – Apertura da exposición. PRESENTACIÓN “A interxeracionalidade nun videoxogo galego: AVOO”
  • 17:00h – Tarde con AVOO, o videoxogo galego
  • 20:00h – Clausura e peche da exposición

 

  • Nome do organizador Fundación Museo do Videoxogo
  • Teléfono: 651662745
  • Email: info@muvi.gal
  • Páxina web: www.muvi.gal
  • Tipo: Eventos xerais
  • Hora: Outubro 8, 2022 - 11:00 a.m. - 8:00 p.m.
  • Lugar:Bueu
  • Duración:7
Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son exclusivamente as do autor ou autores e non reflicten necesariamente as da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.