O día, 23 de decembro ás 20.00 horas, terá lugar no Auditorio Mar de Vigo o concerto “Música e Videoxogos: Unha Odisea Sinfónica” a cargo da Orquestra Sinfónica Vigo 430, que conta co aval e a colaboración da Fundación Museo do Videoxogo de Galicia. Un achegamento de envergadura, moi distinto ao feito nunca en Galicia neste eido, polo número de músicos que interveñen así como o extenso, equilibrado e transversal do seu repertorio».
A interpretación musical virá da man da Orquestra sinfónica Vigo 430, dirixida por Isabel Rubio, que interpretará as composicións que Brais González Pérez creou a partir dos temas musicais do proxecto deseñado por Erea Carbajales Molina.
- Angry Birds, Candy Crush, Tetris
- Uncharted, God of War, Assassin’s Creed, Medievil, The Secret of Monkey Island, The Legend of Zelda.
- Mario Kart, Gran Turismo, Virtua Racing
- The Last of Us, Silent Hill, Resident Evil
- Age of Empires, Civilization
- The Sims, Animal Crossing
- Pokémon, Final Fantasy, Skyrim, Fallout, Halo, Elden Ring
- Mortal Kombat, Tekken
- Minecraft
- Call of Duty, Medal of Honor, Far Cry, Quake, Half Lifez Halo
- Super Mario, Yoshi’s Island, Crash Bandicoot, Sonic
Compra de entradas: ww.ticketrona.com ou www.vigo430.com Cómpre lembrar O concerto poderá ser seguido en streaming na web e Facebook da orquestra, tamén na plataforma Tolemias.tv, onde permanecerá logo da súa celebración.