A Fundación Museo do Videoxogo de Galicia anuncia a apertura dun Novo Museo do Videoxogo na Vila de Cangas o día 10 de setembro, un centro de preservación, exposición e experimentación da industria cultural do Videoxogo, con capacidade para máis de 100 persoas e amplas exposicións cambiantes sobre o medio.
Un espazo completamente novo, 7 veces máis grande que o anterior e que conta con coleccións renovadas, cun representantes de tódolas tipoloxías de sistemas que substanciaron a historia do videoxogo. Dende dispositivos Arcade, pasando por videoconsolas, Portátiles, Dispositivos bidireccionais, así como unha escolla os títulos máis influintes da historia do medio.
Contará con Aulas, áreas de divulgación e que posibilitarán o desenvolvemento de proxectos no ámbito do videxogo e que trascenderán o ámbito nacional. Un lugar con decenas de pezas para tocar, experimentar e xogar.
O VIDEOXOGO GALEGO ENTRA EN XOGO
O MUVI manterá a súa entrada semanal gratuíta e redoblará o seu compromiso coa Industria de Galicia, que agora contará con zonas exclusivas de preservación e divulgación do videoxogo na nosa comunidade.
Espazos galegos, nos que se conservan e expoñen, de xeito interactivo o patrimonio cultural galego da industria,o corpus artístico que a compón, o total dos videoxogos comerciais dos últimos 25 anos e documentación sobre os autores, centros de ensino, os preservadores e tódalas as asociacións e empresas que dalgún xeito forman parte dela.