Galo e Jacobo Martínez, tras décadas de paixón polo ocio electrónico, crean o proxecto "Barité Museo" co fin de experimentar e preservar unha pequena colección de dispositivos de videoxogos. Será a semente do futuro MUVI.
A Fundación Museo do Videoxogo de Galicia é a primeira fundación en España adicada en exclusiva á historia do videoxogo. Constituída o 2 de marzo de 2020, o 20 de xullo de 2020 foi recoñecida como Fundación de Interese Galego e por tanto adscrita á Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
A entidade xorde a partires da necesidade de reivindicar o videoxogo como unha forma de cultura e de arte, vencellado coas virtudes da faceta lúdica do ser humano. Un medio de comunicación, expresión e creación, así como unha ferramenta educativa no sentido máis amplo da palabra.
A Fundación Museo do Videoxogo de Galicia é o resultado dun proceso reivindicativo e dunha visión concreta sobre o potencial deste medio, transversal, rigorosa e integradora.
Galo e Jacobo Martínez, tras décadas de paixón polo ocio electrónico, crean o proxecto "Barité Museo" co fin de experimentar e preservar unha pequena colección de dispositivos de videoxogos. Será a semente do futuro MUVI.
Os fondos do proxecto increméntanse de xeito progresivo a medida que a iniciativa explora colaboracións e pequenas actividades empresariais e culturais.
O 2 de febreiro de 2019 nace o MUVI, o primeiro Museo de Videoxogos de España. Os conceptos "cultura" e "arte" son abordados explicitamente na súa inauguración, baixo un notable apoio popular e mediático.
Trala implicación dun grupo de 8 persoas no proxecto, o 2 de marzo de 2020 constitúese a Fundación Museo do Videoxogo de Galicia. O 20 de xullo de 2020 a Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Turismo decláraa Fundación de Interese Galego e ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.
O MUVI medra, tanto en espazos como en colaboradores e liñas de traballo, ás que se incorporan a investigación e as Universidades. Co apoio, patrocinio e protección de empresas como Lares Inmobiliaria, o Concello de Cangas e Balidea, a Fundación culmina a súa visión o 10 de setembro de 2022 coa inauguración e apertura do novo Museo do Videoxogo.
Levamos a colaboración no noso ADN. Únete ao proxecto social sobre videoxogos máis innovador do noso País.
Sábados 17:30 h – 21:30 h